Publicador de contidos

Publicador de contidos

O castelo de Soutomaior convértese nun "scape room" con enigmas entre camelios

O castelo de Soutomaior convértese nun "scape room" con enigmas entre camelios

Forma parte da súa programación arredor da súa flor por excelencia

G24.gal 09/02/2025 21:28 Última actualización 09/02/2025 21:48

O castelo de Soutomaior comezou esta fin de semana a súa programación de dous meses de actividades arredor da camelia. Este domingo os seus xardíns con catrocentas variedades de camelias, dezaoito delas centenarios, foi o escenario dun escape room ao aire libre. 

Os participantes resolveron os enigmas desta aventura física e mental. Só necesitan un móbil con acceso a Internet. Un código QR activa o mapa da partida. Nove etapas que son nove localizacións xeográficas no xardín de Soutomaior.

Para pasar de etapa e rematar o percorrido total hai que ir descifrando nove enigmas vinculados ás camelias

"É un xogo, si, pero a finalidade é que os participantes aprendan algo. Nós usamos estas actividades como medio de divulgación, as actividades sempre están ligadas a temáticas de interese, a difundir coñecemento, neste caso a difundir coñecemento sobre a importancia que ten a camelia no castelo de Soutomaior, que hai un xardín con nome de muller, por que esas mulleres son importantes, por que hai un xardín de camelias con nome de muller", conta a TVG Erea Rodríguez, unha das socias da empresa Skeirrum.

"Moito perfil familiar con nenos e pais que veñen acompañándose para pasalo ben xuntos, moitos grupos de xente nova entre os 15 e os 40 anos, e tamén de vez en cando temos algúns grupos de xubilados que se apuntan a estas cousas", engade Cintia Lomba, a outra socia da empresa Skeirrum.

Gaña quen chegue ao final do circuíto en menos tempo. Pero a partida está aberta e dura dous meses, o tempo da celebración da camelia no castelo de Soutomaior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar