O abastecemento de ovos en Galicia "está garantido"
A carencia de ovos nos Estados Unidos fai que este produto encareza en España
Estes días están sendo frecuentes as imaxes dos Estados Unidos nas que se ven estanterías de supermecados baleiras de ovos ou longas ringleiras de xente esperando por unha ducia deles. A carencia deste produto aló está repercutindo en España, onde se pagan un 25% máis que hai un mes, segundo a Organización de Consumidores e Usuarios. De feito, xa non é doado atopar unha ducia que custe menos dos dous euros.
Con todo, aquí en Galicia pequenos e grandes produtores aseguran que o mercado teñen "garantido o seu abastecemento", segundo nos comenta Rodrigo García, presidente da Asociación Galega de Avicultura de Posta, quen tamén considera bastante probable que non baixe o prezo dos ovos así que se supere a crise do mercado estadounidense, xa que o prezo que teñen os ovos en España está por debaixo da media na Unión Europea.