Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borracheira arancelaria, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Borracheira arancelaria, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 24/03/2025 07:59

Unha aplicación dun arancel ten un efecto central, encarécese o produto e se só se aplica sobre os europeos, entón perdemos, no mercado estadounidense, competitividade. Pero, isto realmente é así? Agora mesmo estamos ante unha borracheira arancelaria mundial impulsada por Donald Trump. Sufrímola os europeos, pero tamén os canadenses, os arxentinos, os brasileiros. Trump está a poñerlle aranceis a medio mundo, ou ao mundo enteiro, polo tanto o único que verá, no curto prazo, é consumidores americanos pagando máis e a Reserva Federal preocupada por unha repunta da inflación. Impórtalle? Non. A súa meta e relocalizar industria, que no pasado se fora do país buscando custos mais axeitados.

Polo tanto, unha parte das exportacións galegas seguirán o seu camiño, como por exemplo o aluminio, porque se encarece o galego pero tamén o do resto do mundo, polo tanto non perdemos competitividade. O arancel funciona como un mero sobrecusto. Teremos que ver que pasa con outros mercados para poder valorar con precisión os efectos. En todo caso, Galicia, esencialmente a peme exportadora, máis necesitada de axuda ten que formularse reforzar os existentes, Portugal e centro Europa, e abrir novos mercados. Aquí vexo mais que acertada a aposta da Xunta por Mercosur. Os lazos culturais co cono sur de América son intensos. Temos traballado arreo nos temas culturais, a presenza da Xunta neste eido é importante. Agora temos que facer que esa presenza se amplíe á económica. Non se consegue nun día pero agora pode ser o momento.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos