OPINIÓN
O pragmatismo europeo, por Venancio Salcines
Donald Trump pensa que ten unha obriga ante a historia do seu país: cambiar as regras de xogo do seu comercio. As mesma regras que fixeron dos Estados Unidos a nación mais poderosa do mundo parecen, neste intre, anticuadas e vellas. Ou polo menos así parece pensar o seu electorado. Polo tanto, non opera na conxuntura, pensa en eterno. Cousa distinta é Europa, sempre sensible aos movementos sociais e ás protestas do seu tecido, ben sexa o sindical, ben o empresarial.
Trump ordenou aranceis xeneralizados para a Unión Europea, e fíxoo como un golpe na mesa, dando por sentado que baixariamos a cabeza e asumiriamos a nova situación. A resposta inmediata e orgullosa da Unión Europea, e tamén simbólica, de subir os aranceis ao whisky Bourbon e ás motos Harley Davidson tivo unha resposta inmediata, aranceis do douscentos por cen para os nosos viños, cavas, espumosos e bebidas espirituosas. Obviamente a industria do whisky Bourbon non ten capacidade para influír na política norteamericana, pero a nosa industria vinícola si. Onte vimos a consecuencia. Europa pide tempo, serénase e evita bailar ao mesmo ritmo que Trump, aínda que para moito pareza que nos está derrotando. E non é iso, é pragmatismo.