Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empresas produtoras, distribuidoras e hostalería, obrigadas a cumprir a lei contra os desperdicios alimentarios

Empresas produtoras, distribuidoras e hostalería, obrigadas a cumprir a lei contra os desperdicios alimentarios

Bares e restaurantes deben ofrecer aos clientes a posibilidade de levar o que non consuman nos locais

España produce 1.300 millóns de toneladas anuais de refugallos orgánicos, o 40 por cento provén dos fogares

Preparan nun restaurante un envase para levar o sobrante dun menú
G24.gal 23/03/2025 19:49

Neste restaurante teñen moi claro o concepto de redución e reutilización aplicado á comida. A premisa maior é: na cociña non se tira nada. "Non tirar nada, porque cos restos podemos reutilizalos para facer outros pratos, como fermentados, pan moído, etcétera, e tamén reciclalos para compost", asegura Xan Carlos Perret, chef do restaurante Kero, quen comenta que entrega todos os refugallos que saen da cociña a un agricultor que os emprega para facer fertilizantes.

Hai dous xeitos de reducir os desperdicios alimentarios, que suman máis de 1.200 millóns de toneladas ao ano en España. Un é producir ou consumir menos. O outro, reciclar todo o que se poida. "Facemos no menú degustación unha cantidade que o cliente pode consumir, e se quere repetir, servímoslle outra vez. É mellor facer iso que a comida quede no prato", engade Perret.

A lei, que logo de tres anos de trámite aprobou por fin definitivamente o Congreso a semana pasada, obriga á hostalería a ofrecer os sobrantes ao cliente. Algo que xa viñan facendo algúns dende hai tempo. "Levamos varios anos agardando pola lei para saber a que cinguirnos exactamente. Pero si é certo que nós, e cónstame que o resto de compañeiros, deixamos que o cliente leve para a casa o resto da comida que non consome aquí", sinala David Fernández, propietario do restaurante María Manuela.

O consumidor final é o responsable do 40 por cento dos residuos alimentarios e por aí ten que comezar a solución ao problema. Non debera facer falta unha lei porque é de sentido común, pero malia que cada vez proliferan máis os contedores específicos para orgánicos, o seu uso é aínda escaso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade