Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os contadores de auga con máis de 12 anos deberán cambiarse antes de outubro

Os contadores de auga con máis de 12 anos deberán cambiarse antes de outubro

Enténdese que a partir de esa antigüidade o funcionamento das pezas pode dar problemas, por iso hai que cambialos por outros modelos que permitan unha xestión máis eficiente 

G24.gal 24/03/2025 20:52 Última actualización 24/03/2025 21:12

Os contadores de auga afectados pola nova normativa son aqueles que superan os 12 anos. Para comprobalo non hai máis que fixarse na data de verificación. Deberán estar cambiados antes de outubro.

Segundo explica o vicepresidente terceiro do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia, Félix Galocha, "poden dar problemas" cando teñen máis de doce anos.

O fontaneiro Ricardo Santos asegura que os que sexan anteriores a o 2013 "están todos afectados".

O cambio do contador débese á aplicación dunha directiva europea para facer unha xestión máis eficiente da auga.

E no 2027 xa serán dixitais, o que permitirá facer unha lectura telemática do consumo.

"Búscase un aforro de auga", é o que di Félix Galocha.

Calcúlase que en toda España será preciso substituír case dous millóns de contadores.

O seu prezo oscila entre os 60 e os 80 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade