Publicador de contidos

Publicador de contidos

A eólica mariña pídelle ao Goberno axilidade nos trámites para botar a andar os parques

A eólica mariña pídelle ao Goberno axilidade nos trámites para botar a andar os parques

A Eurorexión Galicia-Norte de Portugal consolídanse como un dos polos máis potentes do mundo que aspira a crear máis de 10.000 empregos no sector

G24.gal 27/03/2025 14:47

As previsións apuntan a que Galicia vai acoller o 45 % dos parques de enerxía eólica mariña de toda España. Neste momento hai arredor de 40 proxectos interesados, pero quedan por concretar as condicións por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica

"As empresas pedimos que o Goberno estableza á maior brevidade o marco regulatorio para convocar as poxas. Agardamos que a finais deste ano poida haber unha orde ministerial que nos permitirá traballar", explica Helena Brage, directora de negocio de Blue Float.

A experiencia das empresas galegas estalles permitindo avanzar da man de Navantia nun sector que nos coloca na vangarda internacional.

"Entre todos conformamos unha cadea de valor case imbatible se seguimos dando os pasos precisos para que cheguen os investimentos", valora  Enrique Mallón, presidente de ASIME.

O reto agora pasa pola cualificación da man de obra, necesaria para poder cubrir os 10 mil empregos que se calculan para os próximos anos.

"Facer ver desde o eido empresarial que é unha vantaxe entrar nese sector porque é unha actividade de moitísimo futuro con seguridade industrial, con bos salarios e con moitas perspectivas", asegura Mallón.

Retos de futuro que abordaron representantes de empresas galegas e portuguesas, que confían en que o 2026 sexa o punto de partida dos novos parques de eólica mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade