Publicador de contidos

Publicador de contidos

O burelense Basilio Otero, reelixido para un terceiro mandato nas confrarías españolas

O burelense Basilio Otero, reelixido para un terceiro mandato nas confrarías españolas

Unha das vicepresidencias, despois dos comicios deste domingo, recae noutra galega, María Amalia González, de Camariñas

Entre os retos dos pósitos estarían as cotas, como a da gamba roxa no Mediterráneo, o atún ou a da xarda, a remuda xeracional no sector pesqueiro e a dixitalización nos barcos coa entrada da IA

O galego Basilio Otero, reelixido presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores
G24.gal 30/03/2025 13:59

O burelense Basilio Otero preside por terceiro mandato consecutivo as confrarías españolas de pescadores despois da súa reelección na asemblea que se clausurou este domingo en Madrid . Á directiva da federación nacional incorpórase tamén outra galega, María Amalia González, de Camariñas.

A entidade que preside o galego Basilio Otero desde 2017 agrupa a maioría dos 220 pósitos españois en activo, pero non participan os de Euskadi. Na reunión tratáronse os diferentes retos, prioridades e desafíos para a modernización do sector da pesca e o seu posicionamento na sociedade. A separación entre as distintas cotas de pesca como a que afecta a gamba roxa no Mediterráneo, o atún ou a xarda estará entre as prioridades.

Otero asegura que queren ser proactivos co sector pesqueiro, levar o mundo do mar aos colexios e á sociedade en xeral.

Asegura que entre os próximos retos está a innovación coa dixitalización e a entrada da intelixencia artificial nos barcos e na propia entidade ou a remuda xeracional no sector, tanto entre os armadores, os titulados coma os mariñeiros.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade