Terras raras: Europa quere evitar a dependencia de terceiros países
Galicia posúe varios depósitos deses 17 elementos químicos catalogados como terras raras e no noso solo hai 34 materias primas fundamentais para o futuro da industria e da transición ecolóxica
A Unión Europea quere limitar a dependencia que ten, por exemplo da China, das chamadas terras raras. Son eses minerais difíciles de atopar en forma pura na natureza, e que son fundamentais para o día a día. Galicia posúe varios depósitos deses 17 elementos químicos catalogados como terras raras.
Son un punto clave nas negociacións impulsadas por Donald Trump para o acordo de paz en Ucraína. E que este país podería ter o cinco por cento das reservas mundiais destes materiais. Trump non dá puntada sen fío. Sen que sexamos conscientes, as terras raras son esenciais na nosa vida.
Europa non quere quedar atrás. Bruxelas pretende evitar a dependencia de terceiros países. Para iso, anunciou hai días 47 proxectos estratéxicos, 7 deles en España, un en Galicia, a mina de Doade para a extracción de litio. Pero o potencial de Galicia vai máis alá. No noso solo hai 34 materias primas fundamentais para o futuro da industria e da transición ecolóxica.
O potencial mineiro galego vese nas cifras. Líderes mundiais en produción de lousa. E referencia nacional, se falamos de granito. 10.500 familias dependen da minería.