Trece semanas sen polbo
O celalópodo galego entra en paro biolóxico e estará vedado ata o primeiro de xullo
Son medidas acordadas co sector ante o descenso das capturas. A diminución do polbo cífrase nun 25 % con respecto do ano anterior
Foi difícil conseguir os últimos polbos da tempada nas prazas de abastos. Eran pezas contadas e moi cobizadas e só os clientes máis precavidos, que os tiñan encargados, conseguiron facerse coas últimas capturas da tempada, que pagaron entre 16 e 17 euros o quilo.
Durante un trimestre completo, nas vindeiras 13 semanas, non haberá polbo galego fresco no mercado. Ante o preocupante descenso das capturas nas últimas campañas, iníciase este martes un paro biolóxico dun mes, ao que seguirán dous meses de veda.
Son medidas acordadas co sector ante o descenso das capturas. A diminución do polbo cífrase nun 25 % con respecto do ano anterior e dun 40 % se miramos a media dos últimos dez anos.
Co plan Octosan, de aquí a 2027 tentarase saber se cambiou a época de desova nas augas en que Galicia ten competencia. As 2.800 embarcacións e tripulantes do sector terán axudas dos Fondos Europeos (Fempa) mentres se apliquen estas medidas de conservación.
A campaña pecha despois da extracción dun millón de quilos, que reportaron uns 10 millóns de euros en lonxa.
