Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve a campaña do polbo tras dous meses de veda

Volve a campaña do polbo tras dous meses de veda

Na primeira xornada de traballo descargáronse 3.600 quilos en Ribeira e uns 2.500 en Bueu

G24.gal 02/07/2024 15:55

Levaba dous meses en veda, pero dende hoxe o polbo galego volve estar nos mercados a disposición dos consumidores.

Comezou a campaña extractiva deste cefalópodo. As primeiras capturas foron abundantes. Só en Ribeira descargáronse 3.600 quilogramos na primeira xornada de traballo.

Pola súa banda, ao porto de Bueu chegaron uns 2.500 quilos. Nesta última zona preocupa, iso si, a escaseza de cría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade