Publicador de contidos

Contido con Temática Mar .

Publicador de contidos

Contido con Temática Mar .

Mar

Case todos os polígonos de bateas están abertos un mes despois do episodio de toxina

18/11/2024 16:12

Pola toxina lipofílica só quedan pechados dous na ría de Pontevedra e un na de Vigo

Hai outros dous polígonos en Pontevedra nos que tampouco se pode coller mexillón pero é pola toxina paralizante


O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, esta mañá no 'Bos días' da TVG

Villares agarda un cambio de rumbo en Bruxelas: "Estes 5 anos non foron bos para Galicia"

13/11/2024 09:50

O conselleiro do Mar confía en que o novo eurocomisario de Pesca "reverta" as políticas do seu antecesor que foron "demasiado mediambientalistas sen ter en conta as xentes que viven do mar"

Alfonso Villares di que Galicia "é pioneira" en desenvolver a Estratexia Azul, que busca "coidar o noso mar pensando nas seguintes xeracións"


Sardiña e xouba nas prazas de abastos en pleno outono

12/11/2024 15:41

A elevada temperatura da auga é a causa pola que están saíndo tan boas

Categorías:  Galicia   Mar
Etiquetas:  SARDIÑA

Chegan ao mercado as primeiras centolas da tempada

11/11/2024 21:23

Tras unha selección a bordo, aos portos chegan os mellores exemplares, este ano cun incremento do prezo mínimo de venda en lonxa ata os 12 euros o quilo

Este luns xa se venderon as primeiras en lonxas como a do Grove

Categorías:  Galicia   O Grove   Mar
Etiquetas:  CENTOLA

Voandeira

Boas perspectivas, tamaños e prezos no inicio da campaña da voandeira

05/11/2024 16:49

Os mariñeiros de Cambados e Rianxo lograron recoller máis de seis toneladas deste bivalvo na primeira xornada



A Xunta aproba a Estratexia de Economía Azul de Galicia

04/11/2024 14:59

A Administración galega investirá 115 millóns neste sector ata o 2027 para "situar a Galicia como referente internacional"


España aposta por manter a cota de pesca do patudo

21/10/2024 11:05

Luis Planas defende a necesidade de avaliar o impacto económico e social á hora de decidir as cotas pesqueiras


A ría de Muros e Noia segue pechada ao marisqueo por mor da toxina

19/10/2024 17:03

Dúas análises negativas poderían permitir a actividade a vindeira semana


Preocupación pola dimunición de ostra en Galicia

19/10/2024 14:27

Cómpre coidar os bancos naturais e fuxir da sobreexplotación

Categorías:  Galicia   Mar
Etiquetas:  OSTRAS

A Consellería do Mar avisa de que a anulación do acordo Marrocos-UE afectará a frota galega ao necesitar máis cota Andalucía

19/10/2024 12:33

Ademais do impacto directo aos barcos galegos que pescan na zona, cre que influirá de forma "indirecta" polo "traslado do esforzo pesqueiro das frotas andaluzas cara ás cotas dispoñibles en España, o que supón que estas terminen sendo máis exiguas"

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA

Chegan as axudas para 71 barcos galegos tras o paro biolóxico do xurelo

17/10/2024 16:04

Poden beneficiarse aqueles barcos que concordaron amarrar entre 1 e 3 meses, sempre e cando o xurelo represente polo menos o 18 % das súas capturas anuais

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA   AXUDAS

Os dous furtivos interceptáronos con 115 quilos de ourizo cando trataban de levalos dunha praia da zona de Pedras Negras a unha furgoneta

Collidos na allada con 115 quilos de ourizo extraído ilegalmente no Grove

17/10/2024 14:07

Gardapescas da confraría de San Martiño interceptan dous mergulladores con produto furtivo o día da apertura da campaña do ourizo


A marea vermella pecha catro novos polígonos bateeiros

16/10/2024 14:16

Deste xeito, xa son 32 os polígonos pechados nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Un episodio habitual provocado pola toxina coñecida como diarreica


A Xunta solta 84.000 unidades de semente de ameixa xapónica na ría de Corcubión

15/10/2024 20:08

En 2024, preto de 750.000 sementes de distintos bivalvos saíron dos centros de investigación para acabar nas rías

Está en marcha tamén un proxecto para seleccionar estirpes de berberecho adaptadas a condicións de salinidade extrema


Serxio e Ramón chegan coas súas capturas de ourizo este martes ao porto de Pedras Negras, no Grove

Bo comezo da campaña de extracción do ourizo no Grove

15/10/2024 14:18

Saíron vinte e catro mergulladores, aos que as condicións atmosféricas e do mar axudaron no traballo de alcanzar o tope de 60 quilos de ourizo por embarcación

Etiquetas:  OURIZO

Pechados máis da metade dos polígonos de bateas de Galicia por mor das toxinas

15/10/2024 12:34

O peche afecta 28 polígonos situados nas rías de Pontevedra, Vigo e Arousa

Na ría de Pontevedra todas as bateas de mexillón están clausuradas desde primeiros de mes


Noia pechou con satisfacción a primeira poxa desta agardada campaña de marisqueo

14/10/2024 21:31

Apañaron sobre todo berberecho de terceira e cuarta categoría, que chegou a uns prezos de sete e cinco euros o quilo

O berberecho de primeira, moi escaso, superou os 30 euros o quilo

Categorías:  Galicia   Noia   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO

Malas perspectivas no inicio da campaña de marisqueo na ría de Noia

13/10/2024 13:48

Antes do último temporal, a maior parte do marisco non daba a medida comercial

O patrón maior pide un protocolo para que a presa do Tambre non desaugue coa marea baixa


Preocupación nas confrarías pola diminución das capturas de polbo nun 50 %

12/10/2024 12:20

Reclaman a ampliación das vedas e prohibir a captura de xuvenís e femias ovadas


A confraría de pescadores de Ferrol explora o valor culinario do carneiro de ría

11/10/2024 15:06

Galicia produce anualmente preto de 80 toneladas deste bivalvo

Categorías:  Galicia   Ferrol   Mar

Foto: Royal Air Force

Un fallo nunha comporta do Argos provocou a vía de auga que acabou afundindo o buque

11/10/2024 11:01

O ente británico encargado da investigación de accidentes marítimos publica as súas conclusións preliminares 

Segundo a MAIB, a tripulación non foi quen de pechar a comporta do casco nin impedir que a auga se coase polo resto do buque

Etiquetas:  ARGOS GEORGIA

As confrarías da ría de Pontevedra temen que a chuvia arruíne a campaña do outono

06/10/2024 13:51

As agrupacións de marisqueo a pé están traballando con topes tan baixos que din que non lles dan para os gastos

O marisqueo desde embarcación decide o día 15 cando empeza a traballar e en que condicións


Arranca a Festa do Marisco do Grove con máis de cen mil visitantes durante once días

03/10/2024 21:14

Acuden visitantes de fóra de Galicia e de España a este evento gastronómico declarado de Interese Turístico Nacional dende o ano 2013


Un barco vara en Esteiro ao enredarse a hélice nun cabo

02/10/2024 15:06

A embarcación estaba a case media milla da praia de Medrón

Etiquetas:  PESCA

Fai 15 anos do secuestro do Alakrana: 47 días en mans de piratas no Índico

02/10/2024 14:21

Foi o secuestro máis longo dun buque español

A bordo ían 36 tripulantes, dezaseis deles españois, e deles oito galegos

Etiquetas:  PESCA   SECUESTRO

Abre Conxemar, coa esperanza dun acordo para ampliar o Ifevi e baixar o IVE do peixe

01/10/2024 15:45

O presidente Rueda animou os organizadores a seguir crecendo e pediulle ao ministro Planas que facilite máis fondos europeos para os proxectos galegos

Planas, sobre o futuro da pesca: "Só hai sostibilidade se hai rendibilidade para a frota"

Categorías:  Galicia   Vigo   Economía   Mar
Etiquetas:  CONXEMAR

A campaña de libre marisqueo iníciase na ría de Arousa sen case ameixa

01/10/2024 14:40

Os mariscadores regresaron cos capachos practicamente baleiros da tradicional zona de extracción dos Lombos do Ulla

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  MARISQUEO

"Enche a túa mesa de mar": anuncian en Vigo a nova campaña para promocionar o consumo de peixe

30/09/2024 19:08

A produción acuícola de animais acuáticos superou por primeira vez a pesca de captura

Categorías:  Galicia   Vigo   Economía   Mar
Etiquetas:  CONXEMAR

O estaleiro Nodosa entrega o barco conxelador "máis moderno" feito en España

30/09/2024 18:41

A armadora Pescapuerta destinará o Prion á captura de luras nas Malvinas

Alfonso Rueda e un representante do grupo Fortuna asistiron ao acto de botadura


Imaxe de arquivo (Europa Press / Juan Manuel Serrano Arce)

Aumentan as posibilidades de captura de bacallau en Terra Nova para os barcos galegos tras 32 anos de moratoria

27/09/2024 19:33

A NAFO aumentou a cota de captura deste peixe e autorizou a súa pesca noutra nova

Mantéñense as posibilidades de pesca de anos anteriores para a raia e bertorella, mentres que as capturas de fletán negro terán unha lixeira diminución do 2,4 %


Reunión entre a Consellería do Mar e o sector marisqueiro (Consellería do Mar)

A campaña de libre marisqueo na ría da Arousa abrirá o 1 de outubro

25/09/2024 19:41

A Consellería do Mar acordou a data co sector, co compromiso de avaliar a situación aos 15 días

O organismo destaca o aumento de ameixa babosa no Boído e decide abrir Os Lombos pese a que "non presenta uns resultados óptimos"


A importación de sardiña toca máximos en Galicia

25/09/2024 15:29

A compra no estranxeiro ascende a 9,3 millóns de euros e case 9.000 toneladas


Alfonso Villares interveu na Conferencia Eurofish do sector pesqueiro e acuícola en Madrid

Villares reclámalle a Europa axuda financeira para descarbonizar a frota

25/09/2024 12:38

O conselleiro do Mar di que as medidas de transición enerxética teñen que ser compatibles coa viabilidade do sector


Pesca do bocarte (Arquivo TVG).

España e outros 13 países piden a revisión dos recortes ao bocarte do golfo de Cádiz

23/09/2024 11:48

Segundo fontes diplomáticas, a proposta comunitaria supón unha redución das cotas que levaría ao peche da pesqueira "practicamente inmediato"


Imaxe do Valencia Filgueira, o pesqueiro sinistrado (Fonte: Ministerio de Pesca)

A salvo os tripulantes dun pesqueiro de Muxía que sufriu unha vía de auga fronte ao Cabo Vilán

20/09/2024 10:05

O Valencia Filgueira deu aviso contra as 9:29 desta mañá e acabou afundindo dúas horas despois 

Os seus tres tripulantes están sendo trasladados a Muxía a bordo da Salvamar


Degustacións gratuítas de peixe e marisco nos campus universitarios

17/09/2024 20:32

A iniciativa A Matriculata, promovida por Anfaco-Cecopesca e apoiada pola Consellería do Mar, busca promocionar os produtos pesqueiros, sobre todo entre os mozos


O sector pesqueiro reclama un cambio das políticas europeas

13/09/2024 14:13

Piden medidas máis flexibles e sobre todo o aumento das cotas

Expertos debaten en Vigo sobre o futuro da pesca e os seus retos

Categorías:  Galicia   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA   COTAS PESCA

Dezasete inspectores de Pesca do Caribe fórmanse en Vigo para loitar contra a pesca ilegal

09/09/2024 13:44

O curso organizado pola FAO impártese no porto de Vigo, a bordo do buque Intermares

O obxectivo é reforzar os coñecementos dos participantes para logo aplicalos nos seus países

Categorías:  Galicia   Vigo   Economía   Mar
Etiquetas:  PESCA ILEGAL

A confraría de Ferrol denuncia que os furtivos volveron actuar no banco da Cabana

08/09/2024 14:21

Tres furtivos que andaban á ameixa foron sorprendidos este sábado na zona máis afectada polo marisqueo ilegal

Publicidade
Publicidade