Publicador de contidos
Publicador de contidos

Noia pechou con satisfacción a primeira poxa desta agardada campaña de marisqueo

Noia pechou con satisfacción a primeira poxa desta agardada campaña de marisqueo

Apañaron sobre todo berberecho de terceira e cuarta categoría, que chegou a uns prezos de sete e cinco euros o quilo

O berberecho de primeira, moi escaso, superou os 30 euros o quilo

G24.gal 14/10/2024 21:31 Última actualización 14/10/2024 22:04

Logo dunha longa espera, volveu o marisqueo á ría de Muros e Noia. Este luns á tarde celebrouse a primeira poxa da campaña, cun resultado razoablemente satisfactorio.

Había moita expectación por ver os prezos deste agardado inicio. Puidéronse alcanzar os topes de ameixa xapónica (andou sobre os dez euros o quilo) e de berberecho de terceira (chegou a algo máis de sete euros o quilo) e cuarta categoría (algo máis de cinco euros). Iso si, do de primeira só se apañaron pouco máis de dous quilos, e o seu prezo superou os 30 euros o quilo. 

Despois dun ano de paraxe, entre os 1.500 mariscadores e mariscadoras de Noia hai certa esperanza no que poida traer cada nova xornada desta campaña, pero irán mirando con cautela a súa evolución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar