Publicador de contidos
Publicador de contidos

O luns chegarán as primeiras centolas á lonxa do Grove e despois ás mesas

O luns chegarán as primeiras centolas á lonxa do Grove e despois ás mesas

Medio cento de barcos botaron este domingo os seus miños ao mar

G24.gal 10/11/2024 14:19

Este domingo comezou a campaña da centola no Grove contra ás dez da mañá medio cento de barcos da localidade botaron os miños e foron volvendo a porto contra as doce do mediodía. Mañá ás cero horas poden ir recollelas.

Mañá será o día grande para este marisco coa descarga e a poxa.

Quedan aínda por gravar este ano os momentos máis espectaculares da campaña, as primeiras descargas na tarde de mañá e a primeira poxa que se converteu xa nun espectáculo para turistas, medios de comunicación, restauradores e xente do mar. O prezo de saída é este ano de doce euros.

Para moitos con esta poxa empeza  a conta atrás para o nadal, xa que son moitos os que aproveitan para ir adquirindo o marisco rei e cocelo e conxelalo para gardalo para as festas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade