Publicador de contidos
Publicador de contidos

Líderes de grandes empresas comparten experiencias nun foro en Santiago

Líderes de grandes empresas comparten experiencias nun foro en Santiago

Directivos de Gadisa, Eulen, Capsa ou Barceló participan no X Foro Cen Consellos 

Un milleiro de persoas asistiron en Santiago ao X Foro Cen Consellos Santander
G24.gal 13/11/2024 14:42 Última actualización 13/11/2024 15:32

Un milleiro de asistentes e dez exemplos seleccionados para falar da súa experiencia. O foro Cen Consellos recaba recomendacións de liderado para mellorar a traxectoria na empresa.

"A aprendizaxe está en conseguir que nos trasladen éxitos e fracasos, -explica o director do evento- e sobre todo como os afrontaron, con que actitude, e como os resolveron", di Joaquín Dosil. 

Citaron directivos e directivas de grandes empresas, sete delas con facturación milmillonaria. E coincidiron na importancia de ser humildes e capaces de traballar en equipo.

"Por riba da cultura, do modelo de negocio ou da proposta de valor, os proxectos son sobre todo persoas" di José Armando Tellado, CEO de Capsa Food. Para el, "boas persoas farán bos negocios", así que reitera o seu consello: "Apóiate sempre nas persoas".

Respecto, honradez ou perseveranza son os consellos do presidente do grupo Gadisa, Roberto Tojeiro. Lembrou os valores cos que seu pai fundou e liderou a empresa. 

"El dicía que recibía sempre a calquera traballador, porque era o único modo de saber se os de arriba funcionaban", conta Tojeiro. E di que seu pai falaba tamén da constancia: "se fas moito un día e nada ao seguinte, malo". 

O foro tamén recolleu experiencias de emprendemento: falaron das complicacións que ten, e dalgún consello para avanzar nese camiño: "non me contes o teu problema, fálame da solución", di Águeda Ubeira, CEO da startup Vanetta Food.

Dirixe a primeira fábrica galega de sucedáneos veganos da carne, e ten claro que "mellor poñer o foco na resolución do problema, non serve de nada recrearse no que che frea nesta vida", reflexiona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade