Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e empresarios coinciden en reivindicar unha mellora nas infraestruturas para Galicia

Xunta e empresarios coinciden en reivindicar unha mellora nas infraestruturas para Galicia

Rueda sinala que as renovables son "o noso ouro negro"

G24.gal 15/11/2024 13:06

Alfonso Rueda destacou os intereses coincidentes entre o empresariado e a Administración para que Galicia siga medrando. E nesa sintonía puxo especial empeño na reivindicación de infraestruturas imprescindibles para Galicia.

"Agradecer e seguir pedindo a axuda na defensa das infraestruturas, hai que loitar moito, non queremos quitar nada a ninguén, pero tampouco podemos deixar que ninguén nos quite nada nin podemos permitir unha España de dúas velocidades".

Infraestruturas como o Corredor Atántico de Mercadorías, a conexión do tren de alta velocidade con Portugal,  a transferencia da AP-9 ou a finalización das obras do viaduto do Castro. Rueda agradeceu tamén o apoio das organizacións empresariais na aposta polas enerxías renovables.

"É o noso ouro negro, o noso futuro. E temos, por unha parte, facer entender a todo o mundo que na sostibilidade están as ferramentas para vencer reticencias sociais, para demostrar que se pode seguir avanzando instalando potencia renovable en Galicia con respecto ao medio ambiente".

E ao mesmo tempo, dixo, Galicia ten dereito a esixir que onde se produza a enerxía sexa máis accesible para os empresarios, que son, rematou Rueda, os que moven a economía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade