Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o suposto autor do crime machista de Baiona

Prisión provisional para o suposto autor do crime machista de Baiona

Acolleuse ao seu dereito a non declarar

O detido sae das dependencias da Garda Civil en Vigo para ir ao xulgado O detido sae das dependencias da Garda Civil en Vigo para ir ao xulgado
G24.gal 15/11/2024 11:49 Última actualización 15/11/2024 12:06

O maxistrado do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido pola morte dunha muller en Baiona.

Está investigado por un delito de homicidio ou asasinato, que se determinará ao longo da instrución, e por outro delito de quebrantamento de condena. Acolleuse ao seu dereito a non declarar.

Feitos

Na madrugada do pasado venres, o propio home chamou ao 112 para informar de que atopara a Estela ferida á porta do seu domicilio e que a metera na vivenda e tapado cunha manta. Con todo, cando chegaron os sanitarios (que só puideron confirmar o falecemento da muller), o home fuxiu do lugar, alegando que non tiña nada que ver coa morte da moza e que el non ía comer "ese marrón".

O detido tivera unha relación sentimental coa muller e tiña denuncias previas por violencia de xénero. De feito o xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ditou o pasado mes de abril unha orde de afastamento da vítima, que estaba rexistrada no sistema de seguimento VioGén, cualificada como de "risco medio". Así, iniciouse unha procura que terminaría na mañá deste xoves, cando a nai do agora detido alertou do seu paradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade