Publicador de contidos
Publicador de contidos

As obras de rehabilitación do pazo de Lourizán comezarán o próximo ano

As obras de rehabilitación do pazo de Lourizán comezarán o próximo ano

O presidente da Xunta asegura que a recuperacion do pazo é unha prioridade para o Goberno galego e anuncia que  van investir máis de 17 millóns de euros na restauración

O pazo seguirá sendo un centro de referencia forestal pero ademais vai albergar un hotel, unha zona de exposicións e un espazo multiusos

G24.gal 14/11/2024 20:47

Alfonso Rueda considera unha prioridade para o Goberno galego a rehabilitación do pazo de Lourizán. Os traballos comezarán o vindeiro ano e rematarán no 2027. 

O presidente da Xunta asegura que estamos ante o "rexurdimento desa marabilla oculta que estaba alí e non sabíamos ver que é o pazo de Lourizán. Agora estamos empezando a facer as cousas ben. Respectando o bo que xa hai imos aproveitar as oportunidades que non estabamos sabendo aproveitar".

O pazo seguirá sendo un centro de referencia forestal pero ademais vai albergar un hotel, unha zona de exposicións e un espazo multiusos.

"Lourizán dende hai moito tempo é un referente en materia forestal e en materia de investigación, e iso hai que conservalo e potencialo, e dicir que é compatible. É compatible manter as tradicións coa vida económica e darlle unha segunda oportunidade ás cousas que estaban esmorecidas", explicou Rueda.

A Xunta vai destinar 17,3 millóns de euros á rehabilitación do pazo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos