O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, recibe o premio Fernández Latorre
O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, recibe o premio Fernández Latorre
Alfonso Rueda gabou a capacidade de Escotet de vencellar o seu éxito empresarial á fronte de ABANCA ao progreso de Galicia
O acto serviu para homenaxear o que fora editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey, falecido en agosto pasado
O presidente de ABANCA e do Deportivo da Coruña, Juan Carlos Escotet, foi recoñecido este xoves co premio Fernández Latorre.
O acto, que serviu para homenaxear o que fora editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey o pasado mes de agosto, estivo presidido polo xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda. Asistiron tamén os seus tres antecesores no cargo, co actual líder da oposición en España, Alberto Núñez Feijóo á cabeza, ademais do presidente do Parlamento de Galicia e dos alcaldes das principais cidades.
No seu discurso, o presidente da Xunta gabou a capacidade de Escotet de vencellar o seu éxito empresarial á fronte de ABANCA ao progreso de Galicia.