Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto e dous feridos por unha explosión nunha industria en Xirona

Un morto e dous feridos por unha explosión nunha industria en Xirona

Dúas persoas foron trasladadas en estado grave e menos grave ao Hospital Hospital Universitario de Xirona Dr. Josep Trueta

Os bombeiros recibiron o aviso ás 06:15 e enviaron ao lugar cinco dotacións

EFE/David Borrat EFE/David Borrat
G24.gal 28/04/2025 09:14

Falece unha persoa e outras dúas quedan feridas, unha delas grave, por unha explosión a primeira hora da mañá nunha industria de reciclaxe de baterías e xestión de residuos na localidade de Sant Julià de Llor i Bonmatí, Xirona.

Segundo informaron os Mossos d'Esquadra, por causas que se están investigando, un forno da industria explotou causando a morte dun traballador. A onda expansiva deixou dous feridos, un en estado grave e outro menos grave.

Os Bombeiros da Generalitat, recibiron o aviso da explosión ás 06:15 e enviaron ao lugar do sinistro cinco dotacións. Enviouse tamén a unidade do Grupo de Incidentes Tecnolóxicos (GRIT).

Ademais, no Servizo de Emerxencias Médicas (SEM) confirmaron que se activaron 7 unidades terrestres e un equipo de psicólogos.

Segundo informaron, dúas persoas foron trasladadas, unha en estado grave e outra menos grave, ao Hospital Universitario de Xirona Dr. Josep Trueta.

Igualmente, trasladáronse ao lugar dos feitos varias patrullas de Seguridade Cidadá e de Investigación da comisaría de Santa Coloma de Farners dos Mossos, a Unidade Central de Medio Ambiente e a Unidade Rexional de Medio Ambiente de Xirona, así como os Técnicos Especialistas na Desactivación de Artefactos Explosivos (TEDAX).

Os Mossos puxeron os feitos en coñecemento do xulgado de instrución en funcións de garda de Santa Coloma de Farners e do Departamento de Empresa e Traballo da Generalitat, de acordo cos procedementos habituais en accidentes laborais con vítimas mortais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade