Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizada unha muller e atendidas outras dúas persoas tras incendiarse unha vivenda en Sada

Hospitalizada unha muller e atendidas outras dúas persoas tras incendiarse unha vivenda en Sada

O lume iniciouse de madrugada na despensa e propagouse rapidamente á cociña

O aviso deuno o fillo dunha das afectadas, que tivo que evacuar a súa nai pola ventá

Arquivo
G24.gal 18/04/2025 09:15 Última actualización 18/04/2025 13:37

Un incendio rexistrado esta madrugada nunha vivenda no concello coruñés de Sada obrigou ao traslado dunha muller ao hospital e á atención médica doutras persoas no propio punto.

O lume iniciouse na despensa da casa e propagouse rapidamente á cociña, ambas estancias situadas na planta baixa do inmoble. Aínda que o foco principal do incendio se limitou a esa zona, toda a vivenda resultou afectada polo fume.

O 112 Galicia recibiu o aviso arredor das 04:50 horas, cando un particular alertou de que a casa dos seus pais estaba ardendo no lugar de O Chan da Aldea, na parroquia de Carnoedo. O alertante indicou que fora necesario evacuar á súa nai pola ventá, xa que inhalara unha gran cantidade de fume.

Manuel Rodríguez, panadeiro, di que se enterou de que estaban os bombeiros e ambulancias durante un par de horas e que chegou prmieiro a ambulancia e logo os bombeiros.

Desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizáronse de inmediato aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil e aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Estes últimos trasladaron á muller ao centro hospitalario de referencia, mentres que outras persoas foron atendidas no lugar sen que precisasen traslado.

Sergio Pérez, bombeiro de Betanzos, di que non sabían o estado das persoas que estaban alí, que mandaron dous camiós que se encontraron cunha vivenda da que saía moito fume, que arriba estaban dúas eproas ue saíran cunha escaleira de man por unha das fiestras, abaixo estaba a filla do matrimonio que saíu polo seu propio pé. A zona do lume era na cociña e afectou mobiliario e unha despensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade