Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bertamiráns convértese na capital da música tradicional galega

Bertamiráns convértese na capital da música tradicional galega

A localidade recibe máis de 800 participantes no III Concurso de Canto e Percusión 

G24.gal 27/04/2025 20:52 Última actualización 27/04/2025 22:10

Os traxes, a harmonía das voces, a música, antes de entrar no auditorio de Bertamiráns respirábase xa a festa do noso folclore, nos ensaios dos grupos que ían participar no Concurso de Canto e Percusión Tradicional da localidade, que se afianza coa súa terceira edición.

"Os concursos de tradicionais están repartidos por diferentes puntos de Galicia pero faltaba aquí, na zona de Santiago, de Ames, e nós fixémolo", explica Silvia Martínez López, presidenta da Asociación Cultural Retranqueiros, organizadora do evento.

O certame reuniu máis de 70 grupos de 24 asociacións das catro provincias. En total, 800 participantes de todas as idades.

"A rapazada máis nova está máis involucrada. Podémolo notar en concursos coma este, que xuntou rapaces desde tres anos a 83, que gozan do noso folclore", subliña Raquel Pérez, membro da Asociación Retranqueiros e presentadora do evento.

Na Asociación Retranqueiros de Ames, que organiza o concurso, destacan que estes encontros permiten aflorar cantigas, instrumentos e formas de tocar e axudan a que a cultura se transmita e non se perda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade