A asociación Tocadoras Galegas realiza un mapeo das pandeireteiras de toda Galicia
A asociación Tocadoras Galegas realiza un mapeo das pandeireteiras de toda Galicia
Queren localizar e rexistrar as tocadoras para visibilizar o seu labor
A asociación Tocadoras Galegas quere localizar e rexistrar os grupos de pandeireteiras e cantareiras de Galicia, un proxecto de mapeo que tamén pretende ser un recoñecemento ao labor das asociacións e das mestras como transmisoras da música e das palabras.
A intención é localizar o maior número posible de tocadoras e facer un rexistro dos grupos que hai por toda Galicia.
"Buscamos telas rexistradas, que todo o mundo poida acceder a elas se nalgún momento as necesita. Cremos que xa é hora de darnos, de darlles visibilidade ás pandeireiteras", explica Gisela Sanmartín, presidenta da asociación Tocadoras Galegas.
"Parece cando falamos de pandeireteiras que coñecemos catro nomes e hai moitísimos máis que estamos sostendo todo, desde as asociacións máis pequenas, que agora mesmo estamos vendo como van desaparecendo. Non poden desaparecer, hai que darlles a relevancia que teñen", di Ana Fernández, que tamén forma parte da asociación.
Tocadoras Galegas naceu dan man do proxecto Somos Pandeireteiras, impulsado pola investigadora, tocadora e compositora Mercedes Peón.
É unha asociación necesaria para que sexan elas mesmas quen constrúan o relato da súa propia existencia como tocadoras. Daquel primeiro encontro en Carballo naceu o libro Somos pandeireteiras, que xa chegou ás librarías.