Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival EmigraSON, con grupos galegos, fixo vibrar o público en Bruxelas

O festival EmigraSON, con grupos galegos, fixo vibrar o público en Bruxelas

A iniciativa, organizada pola mocidade emigrada en Bélxica, busca levar a música, a tradición e a vangarda galegas a Europa

No cartel, destacaron nomes coma Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, De Ninghures... e Terbutalina, que se despide dos escenarios

G24.gal 23/02/2025 14:43 Última actualización 23/02/2025 14:56

"Galicia sempre foi terra de emigrantes, mais a galeguidade non entende de fronteiras. Como resultado xorde o EmigraSON: o festival galego en Bruxelas. A iniciativa, organizada pola mocidade emigrada en Bélxica, busca levar a música, a cultura, a tradición e a vangarda galegas á capital europea". Así se presentaba o festival, cun cartel destacado, con Tanxugueiras, Terbutalina, De Ninghures e Fillas de Cassandra.

"Moi impresionante ver como creceu o festival, ver como medrou o grupo nestes dous anos, é incrible." "Realmente que te remove por dentro e saber que a lingua non ten fronteiras, xa o dixeron as Tanxugueiras", destacan Fillas de Cassandra.

"Saír fóra e atopar este nivel de produción, de artistas, todo feito co corazón é incrible. Eu alucinaba", di Manu Lucas, integrante de De Ninghures.

O festival foi todo un éxito de cartel e de público.

"Veñen galegos duns quince países diferentes e arredor de vinte nacionalidades diferentes. É un éxito espectacular", engade Karan Novo, da organización do festival.

EmigraSON é unha oportunidade de xuntar diferentes xeracións arredor da música e a cultura galegas.

"Hai un ambiente que tes que vir unha vez na vida seguro", engade unha asistente, Paula Vilaboy, creadora de contido.

Terbutalina anunciara un paro indefinido, tras quince anos de concertos. Moitos afeccionados e seguidores chegados desde Muros non quixeron perder esta despedida dos escenarios. Tamén contaron coa admiración de compañeiros de profesión.

"Para nós é como un soño", "pasaba antes Miguel de Terbutalina, para min é como xogar coas all stars, é unha pasada", engade o grupo De Ninghures.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade