Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regueifeiros de toda Galicia xúntanse en Vilalba para manter viva esta forma de improvisación oral galega

Regueifeiros de toda Galicia xúntanse en Vilalba para manter viva esta forma de improvisación oral galega

A rapazada atopa na regueifa un modo de expresarse e de manter viva a lingua galega

Hai dez anos quedaban sete regueifeiros en Galicia, hoxe son centos grazas o movemento Nova Regueifa

G24.gal 19/01/2025 14:53

A regueifa é a arte máis antiga da improvisación oral galega. Os novos regueifeiros son rapaces que encontraron nestes cantos un xeito de expresarse...
 

"Eu sinto felicidade, gozar do momento, e só me centro na emoción", di Sara, unha das novas regueifeiras. Para Alicia regueifar é: "Amosar que eu estou aquí e que estou orgullosa de ser quen son", explica Sara Novo.

Regueifan porque lles fai sentir ben e para....

"Revivir o noso idioma e demostrar que as tradicións non se teñen por que perder", explica Noa.

Os novos regueifeiros non so dominan a improvisación tamén innovan e exploran novos camiños como a mistura coa musica electrónica.
 

"É unha rapazada moi comprometida coa lingua e coa cultura", asegura Almudena Falcón, unha das promotoras do primeiro Campus de regueifeiros de Vilalba.

O importante é encontrar a fonte de inspiración...

"A min inspiroume a miña mestra de galego, porque ela cando non atendemos en clase regueifa", di Ismael.

Pola súa voz melódica elas son maioría pero eles tamén teñen o seu oco

"Cando regueifo póñome nervioso, pero logo síntome ben", di Miguel.

Neste primeiro campus houbo tempo para a improvisación, o debate e, sobre todo, para a diversión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade