Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os campamentos e actividades de verán da Xunta contarán este ano con 11.650 prazas

Os campamentos e actividades de verán da Xunta contarán este ano con 11.650 prazas

O presidente da Xunta destaca que é "a maior oferta que houbo nunca"

(Europa Press/Cézar Arxina) (Europa Press/Cézar Arxina)
G24.gal 28/04/2025 13:40 Última actualización 28/04/2025 15:40

O Consello da Xunta aprobou este luns a convocatoria dos campamentos e actividades de verán, que neste 2025 contarán con 11.650 prazas e que son, segundo afirmou Alfonso Rueda "é a maior oferta que houbo nunca". As prazas están destinadas a nenos e mozos de 9 a 30 anos

8.183 desas prazas son para campamentos para nenos e nenas de 9 a 17 anos para estancias de 8 a 15 días, incluídas varias en intercambio con outras autonomías.

Hai 779 prazas para os chamados minicampamentos, que son para nenos e nenas de 9 a 15 anos en estancias de cinco días en territorio galego.

Para os maiores de 18 anos hai dúas alternativas: campos de voluntariado, con 600 prazas en Galicia, e 75 noutras autonomías e 75 no estranxeiro; e 218 para as chamadas actividades de ocio alternativo e saudable. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade