Trinta nenos e nenas aprenden a cociñar nun campamento de verán en Santiago
Trinta nenos e nenas aprenden a cociñar nun campamento de verán en Santiago
Contan con dous cociñeiros profesionais como profesores no Centro Superior de Hostalería de Galicia
Cociñar non é só cousa dos maiores. Hai pequenos aos que tamén lles gusta bulir entre os fogóns. Así que non é de estrañar o éxito do campamento de verán da Xunta que se celebra no Centro de Hostalería de Galicia en Santiago.
Batendo ovos con moito xeito, amasando á man ou cortando pequenos anacos de manteiga. Así estaban esta mañá os rapaces nas cociñas do Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Son 30 nenos e nenas de entre 9 e 13 anos que por vez primeira entran nunha cociña profesional. A maioría, como é normal, con moi pouca experiencia nos fogóns.
Os profesores, dous cociñeiros profesionais que lles están ensinando a facerse cos utensilios e realizar elaboracións básicas.
É o cuarto ano que o Centro Superior de Hostalería de Galicia acolle este campamento de verán da Xunta. Polo de agora levan só dous días na cociña, pero teñen bastante claro como queren rematar o campamento, xa que amosan moita determinación por aprender.