Un equipo do IDIS investiga como mellorar e estender o coñecemento da técnica RCP
É un obxectivo europeo que os coñecementos de resucitación cardiopulmonar, que salvan vidas, estean amplamente difundidos entre a poboación
Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago lidera un estudo sobre as manobras de resucitación cardiopulmonar. Buscan como seguir mellorando a técnica, pero, sobre todo, o xeito de estender socialmente o coñecemento dunhas manobras que salvan vidas.
Levan xa dez anos colaborando con máis de dez centros escolares, formando profesores que integran o coñecemento dos primeiros auxilios no currículo escolar.
Desde o IDIS deseñan material didáctico, comproban a efectividade, buscan ferramentas dixitais, como apps ou un videoxogo, e tamén material low cost, para que estas técnicas básicas sexan aínda máis accesibles.