Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia aspira a reducir nun 10 % os vehículos que acceden ás cidades

Galicia aspira a reducir nun 10 % os vehículos que acceden ás cidades

Galicia rexistra un índice de motorización un 10 % por riba da media estatal

Preséntase unha nova liña de bus en Teo, que consistirá nunha lanzadeira que vai enlazar co transporte urbano da capital

G24.gal 15/11/2024 10:50

Galicia ten un índice de motorización un 10 por cento por riba da media estatal, sendo esta a relación entre vehículos particulares e a poboación total, que indica a dependencia do automóbil que ten un territorio.

Por este motivo a Estratexia Galega de Mobilidade fixa para 2040 reducir nun 10 % o número de vehículos que acceden ás cidades galegas, con máis dun cento de medidas deseñadas e máis de 400 millóns de euros para poñelas en marcha.

Entre as actuacións que se levarán a cabo destacan a mellora da intermodalidade, a ampliación de aparcadoiros disuasorios e a habilitación de sendas para peóns e ciclistas, co que se contempla reducir o tráfico e a contaminación nas cidades.

Transvasamento do transporte privado ao público

Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, asegura que promover o transvasamento do vehículo privado ao público é un dos obxectivos da estratexia e fomentarase "adaptando a oferta ás necesidades que se atopen en cada momento" e mantendo unha política de "ofertas e prezos atractivos".

Nesa reestruturación da oferta presentan unha nova liña de bus en Teo, na área metropolitana de Santiago, que consistirá nunha lanzadeira que vai enlazar co transporte urbano da capital, e que pode ter arredor de 10.000 clientes potenciais.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar