Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a folga xeral de autobuses para reivindicar a xubilación anticipada

Comeza a folga xeral de autobuses para reivindicar a xubilación anticipada

Afecta os autocares urbanos, interurbanos, escolares, servizos discrecionais e guindastres autopropulsados

G24.gal 27/10/2024 20:59 Última actualización 27/10/2024 22:01

O sector do transporte de persoas por estrada comeza este luns unha folga xeral que afecta os autobuses urbanos, interurbanos, escolares, servizos discrecionais e guindastres autopropulsados.

Está convocada polos sindicatos CC. OO. e UXT a nivel de toda España, para reivindicar a xubilación anticipada, coma no caso dos maquinistas ferroviarios ou dos pilotos.

Piden a aplicación de coeficientes redutores da idade para o acceso ao retiro no sector por actividades que supoñen certo risco.

Aseguran que a actividade que desenvolven provócalles un importante desgaste e que, coa idade, perden facultades elevando así a sinistralidade nas estradas.

Servizos mínimos

Os servizos mínimos en Galicia son do 50 % na maioría dos casos. Na Coruña, circulan 61 dos 87 autobuses que o fan normalmente.

En Lugo, a metade dos autocares están operativos pero o Concello garante que o paro non vai afectar a comunicación co hospital Lucus Augusti.

En Santiago, das 23 liñas existentes, seis quedan este luns sen servizo, entre elas a que vai ata o polígono de Costa Vella.

Dende a patronal, lamentan que non se puidese chegar a un acordo cos sindicatos para desconvocar a folga.

Máis paros convocados

En principio hai máis paros convocados para os meses de novembro e decembro e ameazan con folga indefinida a partir do 23 do Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade