Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aceites Abril espera recoller unha colleita histórica de 45 toneladas de olivas

Aceites Abril espera recoller unha colleita histórica de 45 toneladas de olivas

Calculan apañar un 30 % máis ca o ano pasado, que se traducirán en 11.000 botellas de aceite de oliva virxe extra

A meteoroloxía foi favorable para este produto, pese aos danos que causou Kirk nalgunhas oliveiras

Colleita da oliva
G24.gal 29/10/2024 16:16

A meteoroloxía deste ano causou estragos nos cultivos dalgunhas especies, como a pataca, pero foi beneficiosa para outras: é o caso da oliva. A empresa Aceites Abril espera unha colleita histórica, con 45 toneladas de olivas.

Calculan recoller 45 toneladas, un 30 % máis ca o ano pasado, que se traducirán en 11.000 botellas de aceite de oliva virxe extra con selo galego.

Alberto Fernández, responsable de Agro de Aceites Abril di que este ano "a calidade vai ser realmente boa. Non hai problemas sanitarios e vai ser un aceite de moi boa calidade".

Nesta última colleita, a empresa ourensá Aceites Abril incorporou cinco hectáreas de oliva producida en Galicia. Este oliveiral, que levan dez anos traballando, era un viñedo abandonado do Ribeiro.

"Eu nunca vin cousa igual. Este ano non houbo invernía e favoreceu moito a vexetación. Ademais, esta contorna protexida por carballos e mimosas fai que a floración sexa máis perfecta", indica Alberto Sierra, produtor.

Este ano a meteoroloxía foi favorable para a oliva, pero tamén causou danos. Estas oliveiras en proceso de curación foron vítimas do furacán Kirk. "Foron sete, pero recollemos todo, podamos, deixamos liñas de vida e ímolas recuperar", conta Alberto Sierra.

A colleita prolóngase entre tres e catro semanas e comeza nas zonas costeiras, onde as olivas maduran antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar