Rescatan un rapaz de 13 anos tras perderse nun monte en Sarreaus
Rescatan un rapaz de 13 anos tras perderse nun monte en Sarreaus
Estaba buscando cogomelos, perdeuse ao seguir o seu can e quedou no medio dunha urceira de dous metros de alto
O mozo foi quen de enviar as súas coordenadas e atar a camiseta nun pau para facerse máis visible
Un rapaz de 13 anos foi rescatado por Protección Civil tras perderse nun monte de moi difícil acceso no concello ourensán de Sarreaus. Foi tras o can e acabou perdido nun monte. Perdeuse cando ía tras o can e conseguiron rescatalo despois de dúas horas e media grazas á boa actuación do mozo, que foi quen de enviar as coordenadas e guialos.
Saíra coller cogomelos e o can adentrouse no monte, el seguiuno e cando se quixo dar conta estaba metido nunha urceira de máis de dous metros de alto.
O mozo, de 13 anos, alertou a súa nai e foi quen mesmo de enviarlle as coordenadas. Pero chegar ao punto non foi doado. Non había camiños e as pistas de rozas xa estaban cubertas.
Foron percorrendo todo o perímetro ata que o rapaz os escoitou. Atara a camiseta nun pau para facerse máis visible.
Foi quen ademais de xestionar a batería do teléfono. Comportamentos que fixeron que ao final todo quedara nun susto.