Novas
Contido coa etiqueta .
Rescate
A UME asegura que se activou en Valencia ás 15:41 do día 29, "horas antes de recibir ordes oficiais"
16/11/2024 12:39
"Din que a verdade padece pero non perece", proclamou o xeneral xefe da Unidade Militar de Emerxencias
Asegura que se despregaron cando viron que a "situación se estaba poñendo francamente difícil" polas inundacións que estaban a producirse pola DINA
Un garda civil reencóntrase con dúas mulleres ás que salvou de morrer afogadas
10/11/2024 19:37
Entrou na súa vivenda forzando a porta e púxoas a salvo das inundacións
Aconteceu na localidade valenciana de Chiva
Axentes de Galicia da Garda Civil reforzan o operativo de Valencia pola DINA
03/11/2024 11:43
O corpo incrementou a 5.200 os efectivos despregados nas zonas afectadas pola DINA na provincia de Valencia, dos que 35 proceden de Galicia
Ata este domingo a Garda Civil realizou máis de 36.115 rescates e auxilios de persoas en poboacións e na estrada
Atopan o cadáver dun dos cinco desaparecidos nas riadas na localidade albaceteña de Letur
03/11/2024 11:14
Trátase dunha muller septuaxenaria, que estaba na súa casa cando desapareceu
Coa localización deste corpo, a uns 12 quilómetros de Letur, son tres os falecidos como consecuendia da DINA en Castela-A Mancha
Rescatados 'in extremis', historias de superviventes que a poden contar
31/10/2024 14:40
A DINA deixa xa máis dun cento de mortos, que puideron ser aínda moitos máis de non ser pola sorte nalgúns casos, da solidariedade, noutros, e do traballo dos equipos de emerxencias na maioría das ocasións
A Generalitat anuncia axudas iniciais de 250 millóns de euros aos afectados pola DINA
31/10/2024 09:22
O presidente da Generalitat Valenciana precisou que se tratará de axudas complementarias ás doutras Administracións dun mínimo de 6.000 euros por persoa
Os bombeiros seguen traballando por terra e non hai previsión de que saian medios aéreos
Retoman a busca dos desaparecidos en Letur (Albacete)
31/10/2024 08:39
Os labores céntranse en peitear a zona do leito natural do arroio que se desbordou este martes
Rescatan un rapaz de 13 anos tras perderse nun monte en Sarreaus
29/10/2024 16:53
Estaba buscando cogomelos, perdeuse ao seguir o seu can e quedou no medio dunha urceira de dous metros de alto
O mozo foi quen de enviar as súas coordenadas e atar a camiseta nun pau para facerse máis visible
Thor, o Messi dos cans de rescate de Galicia, gaña o campionato europeo
28/10/2024 09:56
Xubílase despois de lograr o ouro nos xogos europeos de policías e bombeiros
A medalla é o colofón dunha carreira en que atopou catro desaparecidos
A Xunta rescatará catro autovías galegas por 297 millóns de euros
14/10/2024 14:02
Trátase das autovías do Salnés, O Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión
Segundo o Goberno galego, a operación aforra ás arcas públicas 330 millóns de euros
O Executivo galego rexeita a proposta do Goberno sobre os traspasos da xestión do litoral
Rescatados os tripulantes dun barco de recreo que envorcou en Corrubedo
28/09/2024 19:10
Agardaron sobre o casco ata a chegada da lancha de Salvamento Marítimo
Rescatadas oito persoas atrapadas nun ascensor urbano en Vigo
22/09/2024 10:29
No interior do elevador había un bebé e un can
Un veleiro queda á valga preto de Fisterra por unha interacción con candorcas
21/09/2024 13:59
Salvamento Marítimo remolcou a terra o veleiro con tres tripulantes a bordo
A Fiscalía pide seis anos de cárcere para Salvini polo bloqueo do barco Open Arms
14/09/2024 19:22
Está acusado de secuestro de persoas e abuso de poder por impedir o desembarco de 147 migrantes en 2019
Os bombeiros da Coruña rescatan unha muller maior que levaba case un día pechada no baixo onde vive
09/09/2024 14:09
Os seus berros de auxilio alertaron unha veciña, que foi quen deu aviso
A Xunta remite ao Ministerio de Transportes o estudo que cifra en 2.355 millóns o rescate da AP-9
06/09/2024 18:34
Ademais do estudo, enviaron un informe xurídico e unha carta da conselleira María Martínez Allegue en que se solicita unha reunión con Puente
A Xunta calcula que rescatar a AP-9 custaría menos da metade do estimado polo ministro
Protestas masivas e unha folga xeral en Israel ante a indignación pola morte de seis reféns
01/09/2024 18:49
O paro inclúe as aterraxes e engalaxes no aeroporto internacional Ben Gurion de Tel Aviv
Centos de milleiros de manifestantes toman Tel Aviv nun clamor polo cesamento do fogo en Gaza
Localizan con vida en bo estado o home de Covelo de 94 anos desaparecido o sábado
01/09/2024 12:43
Axentes da Garda Civil deron con el e trasladárono en padiola para un recoñecemento médico
Un beduíno secuestrado o 7 de outubro foi liberado de Gaza polo Exército israelí
27/08/2024 16:11
Al-Qadi foi secuestrado por Hamas mentres traballaba nunha fábrica de embalaxe a uns 5 quilómetros da fronteira con Gaza
O seu estado de saúde é estable e foi trasladado ao hospital para realizarlle probas médicas
Gardacostas de Galicia vai actualizar as tarifas que cobra por determinados servizos
24/08/2024 18:30
No que vai de ano, o Servizo de Gardacostas de Galicia fixo 57 actuacións de salvamento
O borrador do decreto prevé que se repercutan os custos en casos de actuacións contra a contaminación mariña ou na asistencia de embarcacións que cometeran imprudencias
Rescatan en Poio un menor que ía á valga nun bote auxiliar dun barco
16/08/2024 16:55
O rapaz quedara durmido na embarcación e cando acordou non conseguía chegar á terra
Galicia é a comunidade con máis persoas falecidas por afogamento na auga
10/08/2024 16:20
46 persoas faleceron nos areais e ríos galegos, este ano
Dende a Axencia Galega de Emerxencias recordan a importancia de ser prudentes na auga e de atender sempre as recomendacións de baño
Simulacro de salvamento marítimo na praia de Razo
10/08/2024 15:25
Protección Civil puxo a proba os medios cos que conta o areal carballés
O Helimer Galicia colaborou nun dos rescates
Un home salva a súa nai dun incendio sacándoa pola fiestra nunha aldea de Trasmiras
08/08/2024 16:04
Os bombeiros precisaron da axuda dos axentes forestais da zona e da Garda Civil
A parte superior da vivenda quedou calcinada e está precintada por risco de derruba
Rescatados de noite en pleno monte en Gondomar
07/08/2024 21:57
Rescataron unha familia con dous menores no monte Galiñeiro
Perdéranse nunha zona de bastante matogueira
Dous rescates con helicóptero en menos de 24 horas nun río da Pobra
06/08/2024 15:59
Ambos os dous esvararon e caeron nas rochas, un deles desde 25 metros de altura
O Pesca 2 rescata un home de 50 anos que estaba a ser arrastrado mar adentro en Ribadeo
04/08/2024 18:59
A corrente afastaba o bañista da praia de Esteiro, pola que entrou no mar e onde non hai servizo de Salvamento, cara a das Illas
Os areais de Ribadeo con vixilancia teñen este domingo bandeira vermella
O Pesca 2 recata un home que caeu ao mar nunha zona rochosa de Barreiros
28/07/2024 18:33
Estaba pescando cun compañeiro e logrou agarrarse e subir a unha pedra
Nove falecidos, dous deles de Vigo e Baiona, no naufraxio do Argos Georgia preto das Malvinas
24/07/2024 09:30
Hai ademais catro tripulantes desaparecidos, un de Noia e outro de Ribeira
Os 14 mariñeiros rescatados con vida, catro deles galegos, chegarán ás 18:00, hora galega, ao porto de Stanley
Loito oficial en Vigo e Baiona polos tripulantes falecidos e angustia en Ribeira e Noia polos desaparecidos
O presidente da Xunta e o ministro de pesca envían as súas condolencias ás familias dos mariñeiros falecidos no naufraxio
Aumentan a oito os mortos no afundimento do Argos Georgia nas Malvinas, dous deles galegos
23/07/2024 11:32
Un dos galegos falecidos é o patrón de pesca, da parroquia viguesa de Valadares. O outro é o cociñeiro, de Baiona
Aínda hai cinco desaparecidos, dous deles españois, un galego
Entre os catorce sobreviventes estarían o capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas, todos de Ribeira
Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo envían unha mensaxe de condolencia e solidariedade por esta nova traxedia
Emerxencia nun pesqueiro con tripulación galega que sufriu unha vía de auga
O Pesca 1 rescata un sendeirista ferido no monte Galiñeiro, en Gondomar
21/07/2024 21:43
O home, un vigués duns 50 anos, caera nunha zona de rochas de difícil acceso
Falece un veciño de León de 62 anos que caeu ao mar cando facía un selfie no banco de Loiba
20/07/2024 16:56
O accidente sucedeu nos cantís de Ortigueira este mediodía, nunha zona que moitos turistas inmortalizan
O corpo recuperouno o Helicóptero de rescate Pesca II de GardaCostas de Galicia, que recibiu o aviso do 112-Galicia
Rescate aparatoso nunha ruta de sendeirismo de Ribeira de Piquín
19/07/2024 13:42
Tres gardas civís evacúan unha muller que partiu unha perna nunha zona de difícil acceso
11/07/2024 14:21
Os equipos de emerxencias rescatan centos de persoas cada ano
Bombeiros humanitarios e cans de salvamento fan un simulacro de rescate de 12 horas en Ferrol
26/06/2024 14:52
Son bombeiros e unidades caninas de Galicia que teñen xa unha ampla experiencia en axuda humanitaria internacional
Atopan ilesos os dous espeleólogos desaparecidos nunha cova en Cantabria
24/06/2024 18:46
Os protagonistas accederan á cova o sábado día 22
Segundo o tenente da Garda Civil Pablo Villabrille "vai ser cuestión de pouco tempo" que cheguen á entrada da cavidade.
"Ata que non falemos con eles non teremos a información" nin se coñecerá o seu estado, subliñou o xefe do Posto Avanzado, Santiago López
Acción por mar e por terra para rescatar unha cadela en Bastiagueiro
20/06/2024 13:54
Unha podenga quedou atrapada nun cantil duns cinco metros e tiveron que acudirlle ao rescate efectivos de Emerxencias Oleiros
Rescatan unha nena na praia das Catedrais que quedou atrapada nun cantil a 25 metros de altura
17/06/2024 14:48
A rapaza cando estaba a poucos metros do cumio quedou bloqueada sen poder avanzar
Un bombeiro asegurado por un arnés e apoiado por dous compañeiros logrou chegar a ela e rescatala
SOS no mar, un dron socorrista creado por unha empresa galega actúa sen arriscar vidas
14/06/2024 15:12
O Dophing é un dron acuático, de fácil manexo, que pode remolcar ata 250 quilos
Rescatan un home que caeu dunha altura duns 9 metros mentres practicaba escalada en Noia
13/06/2024 15:05
No momento do rescate estaba consciente e as súas feridas non parecían ser graves
O lugar do accidente era unha zona de moi difícil acceso na beira do río Tambre