Publicador de contidos
Publicador de contidos

Axentes de Galicia da Garda Civil reforzan o operativo de Valencia pola DINA

Axentes de Galicia da Garda Civil reforzan o operativo de Valencia pola DINA

O corpo incrementou a 5.200 os efectivos despregados nas zonas afectadas pola DINA na provincia de Valencia, dos que 35 proceden de Galicia

Ata este domingo a Garda Civil realizou máis de 36.115 rescates e auxilios de persoas en poboacións e na estrada

Axentes da Garda Civil na inspección dun turismo arrastrado pola riada en Valencia Axentes da Garda Civil na inspección dun turismo arrastrado pola riada en Valencia
G24.gal 03/11/2024 11:43

A Garda Civil incrementou a 5.200 os efectivos despregados nas zonas afectadas pola dana na provincia de Valencia, entre eles, 35 axentes procedentes de Galicia.

En concreto, de Galicia, son 12 gardas civís da Coruña, 10 de Pontevedra, 8 de ourense e 5 de Lugo. O delegado do Goberno, Pedro Blanco, agradeceulles o seu compromiso e implicación co pobo valenciano e María Rivas, subdelegada na Coruña, despediuse deles este domingo antes de iniciar o desprazamento a Valencia.

En Vigo, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, tamén acudiu a despedir aos 10 axentes de Pontevedra que estarán operativos este luns en Valencia.

Rescates da Garda Civil

Ata este domingo realizáronse máis de 36.115 rescates e auxilios de persoas en poboacións e na estrada e, dentro do dispositivo establecido para a prevención de accións de pillaxe e saqueo, procedeuse a 35 detencións.

Durante este domingo desprazaranse desde practicamente todas as comandancias de España persoal de reforzo co que se formarán 10 unidades duns 50 gardas civís, aos que se unirá máis persoal dos grupos de reserva e seguridade, do grupo de cabalería e do grupo de acción rápida (GAR).

Ademais, aumentou o persoal das tres provincias valencianas que axudará a paliar os efectos da dina na cidadanía. A Garda Civil conta sobre o terrero con persoal de seguridade cidadá, agrupación de tráfico, grupo de reserva e seguridade (GRS), grupo de rescate e intervención en montaña (GREIM), servizo aéreo, grupo especial de actividades subacuáticas (GEAS), policía xudicial, Seprona, equipo de drons e equipo de identificación de catástrofes, entre outros.

En canto a medios materiais, disponse de 560 vehículos todo terreo, 4 oficinas móbiles de atención ao cidadán, vehículos especiais do servizo de criminalística, 10 embarcacións lixeiras, 7 helicópteros, e 69 drons.

Os esforzos da Garda Civil están a dirixirse á localización dos desaparecidos, a identificación dos cadáveres, o reforzamento dos labores de abastecemento da poboación e os labores propios de seguridade cidadá co obxecto de contribuír a alcanzar a normalización da situación canto antes.

As unidades implicadas, especialmente as da agrupación de tráfico, están a traballar para facilitar o abastecemento por parte dos medios de transporte de produtos básicos e elementos esenciais á poboación, colaborando nos labores de retirada de vehículos e limpeza das vías de comunicación.

Axentes da Garda Civil na vixilancia dunha das estradas en Valencia Axentes da Garda Civil na vixilancia dunha das estradas en Valencia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade