Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado un veciño da Laracha por colocar lazos ilegais en leiras agrícolas

Investigado un veciño da Laracha por colocar lazos ilegais en leiras agrícolas

Este tipo de trampas supoñen un grave perigo tanto para a fauna silvestre como para os animais domésticos

Un dos lazos atopados na pescuda (Garda Civil) Un dos lazos atopados na pescuda (Garda Civil)
G24.gal 21/11/2024 10:23

A Garda Civil investiga un veciño da Laracha (A Coruña) como presunto autor dun delito contra a fauna e a flora pola colocación de lazos non selectivos nunhas leiras agrícolas para impedir danos nas plantacións de millo.

Segundo informaron fontes da Comandancia, as dilixencias abríronse por mor de varios incidentes ocorridos nos últimos meses. O primeiro ocorreu o pasado 14 de agosto, cando un veciño da Laracha denunciou que o seu can quedou atrapado nun lazo mentres paseaban por unha leira, tendo que ser atendido nunha clínica veterinaria debido ás lesións sufridas. Posteriormente, a finais de outubro, volveuse denunciar outro incidente similar, pero nese caso o animal puido ser liberado polo seu dono sen sufrir danos físicos.

Tras estes feitos, axentes do Seprona realizaron o pasado 4 de novembro unha inspección nesa leira e localizaron e retiraron outros dous lazos instalados en puntos estratéxicos de paso de fauna salvaxe.

As pescudas permitiron identificar o responsable da colocación desas trampas, que accedeu a mostrar aos axentes os lugares exactos onde colocara os lazos, compostos cables metálicos e mosquetóns. Ademais, recoñeceu que os colocara debido aos danos causados por fauna salvaxe, como os xabarís, nos cultivos de millo desas leiras.

Este tipo de trampas, prohibidas polo seu carácter masivo e indiscriminado, supoñen un grave perigo tanto para a fauna silvestre como para os animais domésticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade