Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous rescates con helicóptero en menos de 24 horas nun río da Pobra

Dous rescates con helicóptero en menos de 24 horas nun río da Pobra

Ambos os dous esvararon e caeron nas rochas, un deles desde 25 metros de altura

Imaxe dun dos rescates
G24.gal 06/08/2024 15:59

Realizáronse dous rescates en menos de 24 horas nas piscinas naturais do río das Pedras, na Pobra. En ambos os dous foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca 1 para evacuar as vítimas.

Os dous bañistas esvararon e caeron na zona das rochas. Un deles sufriu unha caída de 25 metros que conseguiu frear agarrándose a unha árbore.

O rescate nesta zona adoita ser moi complicado, pois para chegar ata as piscinas desde o último sitio onde se pode acceder en coche é necesario camiñar máis dunha hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade