Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un garda civil reencóntrase con dúas mulleres ás que salvou de morrer afogadas

Un garda civil reencóntrase con dúas mulleres ás que salvou de morrer afogadas

Entrou na súa vivenda forzando a porta e púxoas a salvo das inundacións

Aconteceu na localidade valenciana de Chiva

G24.gal 10/11/2024 19:37 Última actualización 10/11/2024 19:54

En medio da traxedia tamén houbo moitos finais felices con numerosos rescates. Este domingo houbo un emotivo reencontro entre o tenente da Garda Civil Cristian Lacalle e Teresa e mais a súa coidadora, dúas das persoas que salvaron de morrer afogadas na localidade valenciana de Chiva na tráxica xornada da DINA.

"Está ben? Moi ben", din os protagonistas desta historia.

Conseguiron salvar as súas vidas despois de que os axentes as rescataran da planta baixa da súa vivenda. Subíronas a una zona máis segura tras forzar a porta de ferro da casa.

"Eu sabía que a deixaba a salvo, porque había máis xente que axudar. Tocounos forzar a súa porta e fomos abaixo e xa puidemos subila, pero xa sabe como son as súas escaleiras, son moi difíciles. Pasei despois a ver a súa casa, ten bastante auga, haina que limpar pero creo que a pode recuperar", di o tenente da Garda Civil.

En medio da traxedia houbo tamén finais felices e este é so un exemplo das moitas historias que hai detrás dos rescates dese día.

"Foi un honor poder axudalas", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade