Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xamonería de Perillo perde máis de 600 euros tras unha reserva pantasma

Unha xamonería de Perillo perde máis de 600 euros tras unha reserva pantasma

Quedaron compostos e sen clientes

Pecharon unha terraza para 25 persoas e non apareceron

G24.gal 21/11/2024 14:17

A reserva foi telefónica e catro días antes. Unha muller pedía unha mesa para cear un venres, un total de 25 persoas.

"Nesa reserva previa facilitaron un número de teléfono falso. Porén, o meu fillo logrou contactar con ela a través dunha rede social", explica Luis Longhi, o xerente do negocio.

Tras aclarar ese malentendido, o mesmo venres pola mañá unha rapaza achegouse á xamonería para pechar o menú, pero ás dez e media da noite, que era a hora da cea, non se presentou ninguén.

"Pechei a terraza para eles, para que estivesen máis cómodos... O importe do que encargaron ascende a 629 euros. Isto sen contar a bebida. E aquí todos os venres temos completo", engade Luis.

E para que non se repita, decidiron interpoñer a correspondente denuncia.

"Perséguese unha sanción que impón o Estado. Nós, loxicamente, imos solicitar tres anos de prisión, pero somos conscientes de que, ao mellor, a pena é inferior aos dous anos. Poderíase suspender en caso de non ter antecedentes penais".

Amais, Luis está pensando en pedir un adianto para as reservas de grupos coa finalidade de protexer o seu negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade