Publicador de contidos
Publicador de contidos

Corenta establecementos de Lugo compiten por ofrecer o mellor petisco

Corenta establecementos de Lugo compiten por ofrecer o mellor petisco

A final do XIX Concurso de Tapas da cidade disputarase a última fin de semana deste mes

G24.gal 09/11/2024 14:45 Última actualización 09/11/2024 17:33

Celébrase ata o 24 de novembro o XIX Concurso de Tapas de Lugo, un evento fortemente consolidado na cidade e no que participan 43 locais de hostalería ofrecendo pequenos pratos concibidos e elaborados con coidado a un prezo que oscila entre os tres e os catro euros.

O Mesón A Laxa é un dos que participan no certame. O seu xerente, Aser Blanco, comenta que o seu petisco aposta polo produto de proximidade e polo mar: allo porro con cigala e vinagreta de abelás e tomate seco.

Tamén o mar está presente na lambiscada que presenta o Restaurante Eduri, pero en forma de alga e sepia. Segundo o seu responsable, Eduardo Anllo, é unha reinterpretación dun prato tradicional, intentando achegar matices diferentes que enriquezan o prato.

A Parrillada El Boni, gañadora do voto do público nas catro últimas edicións, utiliza un clásico como base, o polbo. O seu xerente, José Luís Pardo, explica que completan o petisto un pan feito con remolacha e unha maionesa feita co coláxeno do cefalópodo.

Os hostaleiros cualifican esta iniciativa como moi enriquecedora nun mes que adoita ser frouxo e tamén como un incentivo para concibir pratos novos ou darlle unha volta aos tradicionais. 
A final disputarase a última fin de semana deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar