Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fitur comeza entre os récords históricos que España marcou en 2024

Fitur comeza entre os récords históricos que España marcou en 2024

O ano pasado recibiu 94 millóns de visitantes estranxeiros, un 10 % máis ca en 2023

Crecen as viaxes culturais e gastronómicas e diversifícanse os destinos

G24.gal 22/01/2025 20:45 Última actualización 22/01/2025 20:58

Foron practicamente medio millón os peregrinos que se botaron ao Camiño de Santiago en 2024, un récord, e máis da metade eran estranxeiros. E Galicia, ademais, contribuiu con máis de sete millóns de visitantes a ese máximo histórico de turistas chegados a España nun ano que estira o sorriso desta edición de Fitur. 

"Un país que recibe 94 millóns de visitantes estranxeiros, que xeran unha inxección de máis de 125.000 millóns, Son cifras moi importantes que nos dan un liderado, pero á vez tamén nos dan unha gran responsabilidade", apunta Jordi Hereu, ministro de Industria e Turismo.  

Responsabilidade que consiste en evitar morrer de éxito, en coidar a calidade no sector para que os visitantes non cambien de opinión, porque un de cada tres dos que viñeron en 2024 ten a intención de volver a España xa neste 2025. E nos primeiros catro meses do ano prevese recibir 26 millóns de turistas.

Os datos sinalan tamén un aumento significativo nos mercados considerados de alto valor: países de Latinoamérica, A China e os Estados Unidos. Crecen tamén os viaxeiros que veñen buscando cultura e gastronomía e diversifican destinos.   

Toda unha responsabilidade, o turismo, chamado "petróleo nacional". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade