Publicador de contidos
Publicador de contidos

Produtores locais dos Ancares venden directamente os excedentes das súas hortas

Produtores locais dos Ancares venden directamente os excedentes das súas hortas

Unha iniciativa coa que queren ligar o turismo coa terra e a gastronomía tradicional, xa que os compradores son establecementos rurais da zona

Mantendo as hortas en produción tamén se protexe as aldeas dos incendios

G24.gal 22/01/2025 12:52

É tempo de verzas e nabizas. Son algúns dos produtos que Pepita recolle estes días da súa horta. "Depende da temporada, agora hai nabizas, verzas e patacas que apañamos moitas patacas", explica este produtor local dos Ancares.

Recólleos hoxe e ás poucas horas xa se serven nalgunhas casas rurais. "Intentase promover os produtos locais, darlles unha saída. Ofrecer produtos de calidade", di Enrique Maceira, dono duns apartamentos rurais en Baleira.

Coa iniciativa gañan todos. O turista sabe o que consume e o agricultor tíralle proveito a toda a produción. "Nunca sabes o que che vai dar a horta cando a plantas. Antes tirabamos os excedentes ou dabámosllelos aos porcos", asegura Pepita Fernández.

Unha iniciativa turística e medioambiental de protección das aldeas. "Isto é un programa de protección das aldeas contra os incendios, a xente aproveita as leiras que rodean os lugares", relata Fe Álvarez, xerente do grupo de desenvolvemento rural dos Ancares.

Agricultores, apicultores e gandeiros participan da iniciativa coa que queren ligar o turismo á terra e á gastronomía tradicional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade