Rehabilitan unha antiga reitoral en Taboadela para ensinar agricultura rexenerativa
Rehabilitan unha antiga reitoral en Taboadela para ensinar agricultura rexenerativa
Xa comezaron a cultivar a terra e en breve comercializarán o que producen aplicando esta técnica inspirada na propia natureza
Santiago Ontañón é mexicano, aínda que de raíces ourensáns, e a súa parella de Francia. Estudaron agricultura rexenerativa en Inglaterra e, tras a pandemia, decidiron apostar pola terra. Comezaron o seu proxecto nunhas leiras abandonadas que tiña a bisavoa de Santiago na Bola. Despois de estudar o solo de Ourense e comprobar que se adaptaba perfectamente a este tipo de agricultura, decidiron mercar a antiga reitoiral de Santiago de Rabeda, en Taboadela, con preto de 13 hectáreas de terreo, para producir pero tamén ensinar estas técnicas.
Neste intre están a rehabilitar o edificio, do século XVIII, onde porán en marcha a escola con diferentes aulas e un espazo tamén para produción artesán. Ademais xa traballan unhas oito hectáreas nas que teñen árbores froiteiras, colmeas, un rebaño de ovellas e unha zona de horta que cultivan aplicando a permacultura. Contan con comercializar en breve os seus produtos e comezar a dar os primeiros cursos de agricultura rexenerativa a partir do verán.