Falece Manuel Gallego, alcalde do concello ourensán de Taboadela durante case 50 anos
Falece Manuel Gallego, alcalde do concello ourensán de Taboadela durante case 50 anos
O Concello decretou dous días de loito oficial
O Concello de Taboadela decretou dous días de loito oficial polo que fora alcalde da localidade durante 47 anos, Manuel Gallego Vila.
Nun comunicado, o consistorio mostrou a súa profunda dor e a súa pesar pola morte do exrexedor do Partido Popular e trasladou as súas condolencias aos familiares, amigos e amigas de Gallego Vila.
O alcalde de Taboadela, Álvaro Vila Araújo, en nome de todo o goberno municipal trasladou aos familiares de Manuel Gallego as súas condolencias.
O rexedor puxo en valor a contribución e traballo de Gallego Vila durante os seus anos de mandato en favor do municipio e destacou a súa "loita comprometida por Taboadela e os seus veciños".
Manuel Gallego Vila foi alcalde desde 1972 no consistorio de Taboadela e retirouse nas eleccións municipais de 2019. Foi un dos rexedores máis lonxevos de Galicia.