Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o empresario hostaleiro Gabriel Escarrer Julià, fundador de Meliá Hotels

Falece o empresario hostaleiro Gabriel Escarrer Julià, fundador de Meliá Hotels

Escarrer Julià, que en xuño do ano pasado renunciara á presidencia non executiva do Consello de Administración da entidade, morreu en Mallorca aos 89 anos

Gabriel Escarrer Julià recibiu en 2022 o premio Reino de España á Traxectoria Empresarial (Europa Press/Isaac Buj) Gabriel Escarrer Julià recibiu en 2022 o premio Reino de España á Traxectoria Empresarial (Europa Press/Isaac Buj)
G24.gal 26/11/2024 09:49 Última actualización 26/11/2024 10:09

Gabriel Escarrer Julià, fundador da cadea hostaleira Meliá Hotels International, faleceu este martes en Palma aos 89 anos, confirmaron a EFE fontes próximas á familia.

Escarrer Julià renunciou en xuño do pasado ano á presidencia non executiva do Consello de Administración da entidade hostaleira e foi designado presidente de honra por unanimidade.

Gabriel Escarrer Julià nacera en Palma de Mallorca en 1935. Tiña 21 anos cando en 1956 fundou o que hoxe é o grupo Meliá Hotels International adquirindo e dirixindo un hotel de 60 cuartos na illa de Mallorca.

Durante case sete décadas, baixo a súa presidencia, o grupo turístico consolidou o seu liderado en España, berce do turismo vacacional en Europa, para estendelo despois ao Caribe americano e o Sueste asiático.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade