Quince asociacións crean a Plataforma Fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo
Quince asociacións crean a Plataforma Fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo
Denuncian os problemas que xeran as vivendas de uso turístico
Apostan pola aplicación da taxa turística
Máis dunha ducia de asociacións uníronse para crear a Plataforma Fronte á Masificación Turística Vigo-O Morrazo. O seu obxectivo é denunciar o impacto negativo que o turismo de masas ten en distintos ámbitos como acceso á vivenda ou o sobreesforzo dos servizos públicos.
Apostan pola implantación da taxa turística tamén en Vigo e no Morrazo e o control das vivendas de uso turístico.
Ana Freiría, membro da plataforma, explica que queren abordar "o aumento desmedido das vivendas de uso turístico que reducen a oferta e aumentan o prezo do alugueiro, e que ademais acaban expulsando á veciñanza. Tamén a sobrecarga dos servizos e infraestruturas públicas, a precariedade laboral e o impacto medioambiental".