Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fundación RIA comeza as xornadas 'Cara a unha axenda territorial de Galicia'

A Fundación RIA comeza as xornadas 'Cara a unha axenda territorial de Galicia'

Durante catro días, traerán a Santiago expertos internacionais e locais

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas sinalou que o obxectivo é favorecer o desenvolvemento "equilibrado e sustentable" do territorio 

G24.gal 18/11/2024 21:00 Última actualización 18/11/2024 21:18

A Fundación RIA do arquitecto David Chipperfield inaugurou en Santiago as xornadas 'Cara a unha Axenda Territorial de Galicia. Integración urbana e rural'. Promovidas pola Xunta e coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, estas charlas traerán durante catro días máis dunha vintena de expertos internacionais e locais. A súas achegas axudarán a definir as políticas de protección do territorio nas décadas vindeiras.

Na presentación das xornadas, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, apostou por favorecer o desenvolvemento "equilibrado e sustentable" do noso territorio, contribuír á cohesión social e protexer o patrimonio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos