Publicador de contidos
Publicador de contidos

Non entenden as SOCIMI, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Non entenden as SOCIMI, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 14/11/2024 08:05

O goberno quere castigar as SOCIMI, Sociedades Cotizadas Anónimas de Investimento no Mercado Inmobiliario. E para iso asume o discurso de Sumar. Para esta forza política as SOCIMI son sociedades especulativas que encarecen o mercado de alugueiro e, polo tanto, non merecen nin auga.

A realidade é que dos 3,6 millóns de vivendas que existen en España no mercado de alugueiro, soamente o 0,7 % pertence a SOCIMI. Por que? A rendibilidade dun alugueiro é moi baixa para este tipo de sociedades, que se centran en inmobles comerciais ou corporativos, como centros comerciais ou sedes empresariais.

O mercado de alugueiro en España é de particulares ou de pequenas empresas, non está vencellado aos fondos voitre, agás algunha promoción de vivendas de entidades financeiras quebradas.

A eliminación da fiscalidade actual quitaríalle atractivo ás nosas SOCIMI, provocando que a maioría marchen de España e canalicen os seus investimentos noutros mercados. Ningún beneficio para nos e moito para outros, e todo porque os de Sumar non saben o que son estas sociedades ou para que serven.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade