Unha estudante de Robótica na USC crea un método de aproveitamento de datos gandeiros
Unha estudante de Robótica na USC crea un método de aproveitamento de datos gandeiros
Optimuu permite un manexo axeitado dos milleiros de datos que xeran as granxas
Conta co apoio do Ministerio de Agricultura para rematar o proxecto
En pouco máis de dez anos, as ganderías galegas pasaron de non ter datos informatizados a ter incluso máis dos que poden asumir. Por iso, fanse precisas novas ferramentas que permitan organizar as cifras e convertelas nun recurso verdadeiramente útil para as explotacións. O proxecto Optimuu está a facer máis áxil a información dos dispositivos gandeiros.
"Aproveitamos os datos cun modelo interpretativo e unha interface sinxela que os fan máis útiles", explica Aina Mena, responsable do proxecto e estudante do grao de Robótica no campus de Lugo da USC.
O proxecto xa conta co apoio do Ministerio de Agricultura e nunha segunda fase vaise desenvolver no Centro de Innovación Dixital de Alcalá de Henares. Ela calcula que se poderá poñer a funcionar nas granxas galegas en cousa dun ano.
No desenvolvemento participan gandeiros que xa contan con robots e sensores nas explotacións leiteiras, pero tamén podería aplicarse ás cárnicas.
"Beneficia tanto na parte económica e de xestión como na do benestar dos animais e a súa saúde", sinala Aina Mena.
Este caso demostra que as novas tecnoloxías avanzan a un ritmo moi superior ao de calquera outra disciplina, polo menos, no tocante á gandería.