Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Feira de Santos de Gontán congrega gandeiros galegos e asturianos na Terra Chá

A Feira de Santos de Gontán congrega gandeiros galegos e asturianos na Terra Chá

É un mercado con máis de dous séculos de antigüidade ao que acoden gandeiros dos concellos limítrofes, de Ferrol ou de Asturias

G24.gal 02/11/2024 18:41 Última actualización 02/11/2024 20:34

Gandeiros e visitantes procedentes de distintos lugares de Galicia e de Asturias acudiron este sábado á tradicional Feira de Santos de Gontán, no concello de Abadín. 

Con máis de dous séculos de historia, celébrase o primeiro sábado de novembro. É unha cita consolidada no calendario de feiras de Galicia.

"O plan para hoxe é ir comer con estes amigos e visitar todo isto".

"É a feira grande que temos e temos que aproveitala este día marabilloso. Moito que ver, moito que comprar".

Gandeiros dos concellos veciños, e mesmo de Ferrol ou de Asturias, acoden cada ano coas súas reses. O Concello anima a feira organizando o concurso de gando, con premios ao mellor exemplar bovino, equino, mellores crías, maior número de cabezas ou mellor cabalo de montar.

"O ambiente, ben, moita xente, bastante gando e poucas vendas".

"Vas mercar algunha cabeza de gando? Nada, non teño onde metela".

No mercado tamén hai lugar para os produtos de tempada, ferramentas e obxectos de artesanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade