Publicador de contidos
Publicador de contidos

Muras presume do seu mel de montaña nunha feira para profesionais e visitantes

Muras presume do seu mel de montaña nunha feira para profesionais e visitantes

O breixo da serra do Xistral achégalle unha calidade excepcional

G24.gal 16/11/2024 21:10 Última actualización 16/11/2024 22:06

Celébrase esta fin de semana no Viveiró, en Muras, a novena edición da Feira do Mel de Montaña, un xeito de honrar a calidade dun produto único, que elaboran as abellas da serra do Xistral a partir do breixo.

Aseguran que é case imposible ser de Muras e non ter panais na casa. Dos seiscentos veciños do municipio, hai un cento de apicultores, ademais dos de fóra do concello que traen as colmeas pola óptima calidade do mel que aquí se produce.

A feira comezou hai nove anos para dar a coñecer a maxia do mel da zona. Na feira tamén se forman os produtores con charlas sobre o manexo axeitado das explotacións. Este domingo, venderase a produción a un prezo mínimo de dez euros o quilo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade